Arquivo da etiqueta: Castaña

Amarelante participa no proxecto FEADER de aproveitamento integral de soutos

Dende que se resolveu favorablemente a creación do Grupo Operativo de Investigación no que participan AGACA, o Centro Tecnolóxico da Carne, IXP Castaña de Galicia e a Universidade de Vigo, se sentaron as bases para o desenvolvemento do proxecto FEADER “Viabilidade do Aproveitamento integral dos soutos de castiñeiro da Cooperativa”.

O obxecto principal do proxecto é desenvolver actuacións que poñan de manifesto a capacidade dos soutos para albergar diferentes aproveitamentos compatibles entre si. Dende a recuperación de soutos, plantación de novos exemplares, así como revisión dos diferentes tratamenos e actuacións necesarios para garantir a súa viabilidade, son algunhas das actividades propostas neste proxecto.

Unha parte importante do proxecto é traballar na aproveitamento integral dos soutos, neste caso contémplase a plantación de aromáticas e medicinais como un recurso adicional á produción de castaña. Neste momento temos plantadas: Lavanda, Menta e Romero pero esperamos amplialo a máis variedades.

 

Por que Castaña e Por que Amarelante?

En Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, nos movemos baixo 12189831_572634679554542_5936717354086732930_nos principios da sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social, estes son os nosos principios e este é o valor que aportamos ao noso produto, porque a castaña que nos regalan os nosos soutos non necesitan ningunha explicación, só hai que probala para descubrila.

Por que nos Castaña ? Por varias razóns:

– Valor nutricional:

A castaña posúe un alto contido en fibra, con gran aporte de vitaminas como a vitamina B2, que regula o metabolismo das proteínas e graxas e contribúe á mellorar a saúde da pel e dos ollos. Hai que destacar o seu alto contido de minerais como  o ferro, calcio e fósforo ademais de sodio e potasio en maior cantidade que calquera outro froito seco. Ten menos graxas e proporciona menos calorías que o resto de froitos secos. É un excelente alimento para os nenos e nenas.

– Valor culinario:

Ainda non temos moi claro dende cando se cultiva a castaña en Galicia pero sabemos que tanto celtas como romanos incluían este froito dentro da súa dieta de xeito habitual. A castaña é un alimento moi versátil, pódese comer cruda ou cociñada, asada, cocida, confitada. Tanto este froito como os seus derivados ofrecen unha ampla gama de posibilidades para incorporala á cociña diaria xa que existen multitude de  Receitas para deleitar o noso padal e os dos nosos convidados.

– Valor ambiental -social- cultural

Unha das funcións ambientais que desempeña o monte é a de protexer o solo evitando a súa erosión e perda, contribuíndo desta forma a combater un dos principais problemas ambientais: a desertización.

Castana Amerelante
Castaña Amarelante

O monte leva a cabo un importante cometido protector sobre a atmosfera, contribuíndo á depuración do aire, creando un axeitado microclima grazas a procesos como a amortiguación de extremos térmicos e do vento ou a regulación da humidade atmosférica.

Un dos aspectos desta subfunción que máis se está estudando na actualidade, dada a súa vinculación con problemas ambientais tan de actualidade como o «efecto invernadoiro» e o «cambio climático», é a capacidade que ten o monte para actuar como sumidoiro de CO2, reducindo desta forma a presenza deste gas nocivo na atmosfera.

Os terreos forestais protexen as concas hidrográficas, regulan o ciclo hídrico, melloran a calidade da auga e incrementan os recursos hídricos dispoñibles en volume, accións todas elas que representan unha salvagarda para infraestruturas, cultivos e núcleos de poboación.

O monte proporciona hábitat e protección a multitude de especies animais e vexetais, así como á biodiversidade e mantén a capacidade produtiva do ecosistema.

Resulta primordial a función que desempeña o monte como lugar de recreo, lecer, inspiración e deleite, cometido que cobra especial relevancia nunha época na que a sociedade cada vez dispón de maior tempo de lecer e na que do desenvolvemento tecnolóxico reduce os tempos de desprazamento acercando distancias.

Acabamos de citar só algúns dos múltiples valores deste produto tan noso, a castaña, vos aseguramos que ten moitos máis só tedes que descubrilos.

Campo de Traballo Ambiental

Amarelante Sociedade Cooperativa Galega,  Asociación Universitaria Educación Social e Sociedade, Escola de Tempo Libre Universitaria do Campus de Ourense e  A.C. A Rebusca organizaron no mes de setembro un campo de traballo ambiental dirixido, principalmente,  a estudanteDSC_0182campotraballo+firmas universitarios. A actividade perseguía os seguintes obxectivos:

  • Coñecer en profundidade os soutos e os seus tratamentos de conservación.
  • Sensibilizar sobre a importancia dos soutos fronte ó lume.
  • Preservar a paisaxe galega a través da posta en produción dos soutos.
  • Tomar conciencia do valor cultural, social, ambiental e económico dos soutos.
  • Xerar unha actividade de pedagoxía ambiental para a poboación local.

O apalpador visita Manzaneda.

O Pandingueiro é unha figura tradicional da comarca de Trives. A tradición oral conta que o Pandingueiro, en Nadal, baixaba
pola noite dende a Serra da Cabeza Grande (actualmente comunmente chamada “Manzaneda”) para visitar aos nenos que ían para a cama con fame. Os rapaces tiñan q163pandis+firmaue durmir pedíndolle cun retrouso que lles trouxera “leitiña con purgazos”, é
dicir, leite con castañas secas cocidas. Do Pandingueiro tamén se esperaba que deixara algún xoguete ou figuriña tallados en
madeira.

Coa organización desta actividade Amarelante Sociedade Cooperativa Galega quixo dar a coñecer entre os máis pequenos unha figura mítica da zona que nos últimos anos está a ser recuperada. A actividade incluíu música en directo e sobremesas elaboradas  pola propia cooperativa.