Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, Asociación Universitaria Educación Social e Sociedade, Escola de Tempo Libre Universitaria do Campus de Ourense e A.C. A Rebusca organizaron no mes de setembro un campo de traballo ambiental dirixido, principalmente, a estudantes universitarios. A actividade perseguía os seguintes obxectivos:
- Coñecer en profundidade os soutos e os seus tratamentos de conservación.
- Sensibilizar sobre a importancia dos soutos fronte ó lume.
- Preservar a paisaxe galega a través da posta en produción dos soutos.
- Tomar conciencia do valor cultural, social, ambiental e económico dos soutos.
- Xerar unha actividade de pedagoxía ambiental para a poboación local.