Arquivos da categoría propiedades da castaña

Por que Castaña e Por que Amarelante?

En Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, nos movemos baixo 12189831_572634679554542_5936717354086732930_nos principios da sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social, estes son os nosos principios e este é o valor que aportamos ao noso produto, porque a castaña que nos regalan os nosos soutos non necesitan ningunha explicación, só hai que probala para descubrila.

Por que nos Castaña ? Por varias razóns:

– Valor nutricional:

A castaña posúe un alto contido en fibra, con gran aporte de vitaminas como a vitamina B2, que regula o metabolismo das proteínas e graxas e contribúe á mellorar a saúde da pel e dos ollos. Hai que destacar o seu alto contido de minerais como  o ferro, calcio e fósforo ademais de sodio e potasio en maior cantidade que calquera outro froito seco. Ten menos graxas e proporciona menos calorías que o resto de froitos secos. É un excelente alimento para os nenos e nenas.

– Valor culinario:

Ainda non temos moi claro dende cando se cultiva a castaña en Galicia pero sabemos que tanto celtas como romanos incluían este froito dentro da súa dieta de xeito habitual. A castaña é un alimento moi versátil, pódese comer cruda ou cociñada, asada, cocida, confitada. Tanto este froito como os seus derivados ofrecen unha ampla gama de posibilidades para incorporala á cociña diaria xa que existen multitude de  Receitas para deleitar o noso padal e os dos nosos convidados.

– Valor ambiental -social- cultural

Unha das funcións ambientais que desempeña o monte é a de protexer o solo evitando a súa erosión e perda, contribuíndo desta forma a combater un dos principais problemas ambientais: a desertización.

Castana Amerelante
Castaña Amarelante

O monte leva a cabo un importante cometido protector sobre a atmosfera, contribuíndo á depuración do aire, creando un axeitado microclima grazas a procesos como a amortiguación de extremos térmicos e do vento ou a regulación da humidade atmosférica.

Un dos aspectos desta subfunción que máis se está estudando na actualidade, dada a súa vinculación con problemas ambientais tan de actualidade como o «efecto invernadoiro» e o «cambio climático», é a capacidade que ten o monte para actuar como sumidoiro de CO2, reducindo desta forma a presenza deste gas nocivo na atmosfera.

Os terreos forestais protexen as concas hidrográficas, regulan o ciclo hídrico, melloran a calidade da auga e incrementan os recursos hídricos dispoñibles en volume, accións todas elas que representan unha salvagarda para infraestruturas, cultivos e núcleos de poboación.

O monte proporciona hábitat e protección a multitude de especies animais e vexetais, así como á biodiversidade e mantén a capacidade produtiva do ecosistema.

Resulta primordial a función que desempeña o monte como lugar de recreo, lecer, inspiración e deleite, cometido que cobra especial relevancia nunha época na que a sociedade cada vez dispón de maior tempo de lecer e na que do desenvolvemento tecnolóxico reduce os tempos de desprazamento acercando distancias.

Acabamos de citar só algúns dos múltiples valores deste produto tan noso, a castaña, vos aseguramos que ten moitos máis só tedes que descubrilos.