Quen somos

DSC_7611recolle+firmaA cooperativa Amarelante nace no ano 2013 como un proxecto de recuperación de soutos en estado de abandono para a produción de castaña de calidade que se comercializa baixo o selo de Castaña de Galicia.  Apostamos polo medio rural como o noso medio de vida, dende o respecto e o beneficio mutuo.

Cada vez máis persoas nos facemos máis conscientes , máis responsables, á hora de tomar as nosas decisións de consumo. Xa non chega con ir ao noso punto de compra habitual e mercar baixo os criterios básicos de prezo e/ou calidade, non, agora moitas de nos exercemos o acto de consumir como experiencia, a parte de satisfacer unha necesidade biolóxica. Son cada vez máis as persoas que que necesitan trasladar as súas inquedanzas sociais, culturais, ambientais a todos os aspectos da súa vida e o consumo é, por definición, unha  ferramenta de transformación social por definición.

En Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, nos movemos baixo os principios da sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social, estes son os nosos principios e este é o valor que aportamos ao noso produto, porque a castaña que nos regalan os nosos soutos non necesitan ningunha explicación, só hai que probala para descubrila.

En 2015, a Consellería de Traballo nos otorgou o Premio á promoción do cooperativismo. 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *