Cultivo ecolóxico e sostible de castañas

LAT: 42° 18′ 7.452” N LONG: 7° 13′ 47.2908” W

Desde Manzaneda, Galicia, cultivamos e vendemos castañas de xeito ecolóxico e sostible

Amarelante Sociedade Cooperativa Galega nace no 2013 co obxectivo de recuperar os soutos abandonados e reactivar a produción de castañas de calidade, elaborando produtos con valor engadido comercializados baixo o selo de Castañas de Galicia.

Rexímonos polos principios de sostibilidade, xustiza social e respecto polo medio rural, valores que nos levaron a especializarnos na venda de castañas e noutros produtos derivados. Por todo iso, queremos ser unha cooperativa referente para os consumidores que queren comprar castañas en Galicia, principalmente as da variedade amarelante, unha das de mellor calidade do mercado polo seu calibre.

Detrás deste proxecto estamos Sonia, Óscar, Marcos, Natalia, Félix, Davide, Iria, Lito e Luz, os nove socios e socias aos que nos chamaron “tolos, idealistas ou utópicos” cando iniciamos a nosa particular aventura entre castiñeiros.

As nosas especialidades: da castaña á fariña

Ofrecemos produtos de máxima calidade, seguindo procesos naturais e optando polos formatos de presentación que mellor conservan os alimentos. Ademais da venda de castañas secas tratadas nun secadeiro alimentado con biomasa, elaboramos e comercializamos fariña de castaña e bica de castaña. En tódolos casos, o ingrediente base distintivo é a castaña amarelante do Macizo Central Ourensán.

Castañas Secas Peladas

Castañas tratadas nun secadeiro alimentado con biomasa. Un método tradicional aplicado por Amarelante para poder consumir castañas todo o ano. Sen aditivos nin conservantes e libres de glute.

Alimenta as túas neuronas co noso blogue

fariña de castaña de Amarelante

Amarelante participa no grupo operativo SUEROVAL

Amarelante participa no grupo operativo SUEROVAL, unha iniciativa para valorizar o soro de leite obtido na produción de queixo transformándoo nun aditivo de alto valor. Porase no mercado unha nova gama de productos cuxo ingrediente tamén será a fariña de castaña.

Leer Más ⟶
Visita o blog

Produción natural da castaña, materia prima da nosa terra

O compromiso de Amarelante coa natureza é clave na recuperación dos soutos e na revitalización do medio rural. Sen iso non existiría a nosa castaña amarelante única. Coñece no blogue todas as novidades e os nosos proxectos.

As castañas secas, a fariña e a bica de castaña son o resultado dunha elaboración totalmente natural. Tras a recollida manual das castañas, nas nosas instalacións seguen os procesos seguintes: secado, pelado, selección e moenda. Non usamos ningún conservante nin produto químico que altere a composición dun froito con múltiples propiedades. Entre os beneficios das castañas para a saúde destaca o seu aporte de hidratos de carbono, fósforo, ferro ou ácido fólico.